Heterocromía

Por algún motivo piensas que David Bowie tenía un ojo de distinto color que el otro, pero no es así. Sus iris eran de idéntico tono, el problema estaba en sus pupilas. Su pupila izquierda estaba permanente dilatada por una hostia que le dio un amigo suyo con 15 años en un combate por el amor de esa mujer. El resto ya lo conocemos. David fue un millón de Bowies y en el cementerio de San Amaro no hay sitio para tantos.

124

IFRAN

63

Anuncios

Breve lembranza do bo

2315d2625d77529f24b9c95ddcd22ba9Wilhelmsson pensouno mellor. Volta a Mjällby para botar unhas carreiras co equipo que o veu medrar, comer un pouco de peixe, sentar no porto e, nun solpor quizá opiáceo, lembrar aquela temporada na que xogou para nós ás ordes de Lotina. A mellor temporada en primeira desde Jabo? Incluso mellor que algunha das últimas de Jabo. Facede memoria: o equipo comezara fatal e trás vinte partidos aparece unha defensa de cinco na que sobresae un Coloccini épico. Pablo Amo e Lopo acompañan ao arxentino, que naquel tempo era o mellor central do universo segundo os grosos tomos da Delirante Literatura Deportivista, e todos visten de Canterbury of New Zealand. Ten lugar o debut do lexendario Piscu, que chega a xogar bastantes minutos porque Lopo andaba coa hernia aquela. Vemos como agroma Manuel Pablo, zumbando e alcanzando a liña de fondo, frenando en seco para non bater contra a publicidade. Vemos espasmos maravillosos. Os penaltis de Sergio, infalibles. Goles que pesaron toneladas, como o de Pablo Amo ao Betis no Villamarín tras centro proverbial do Peluca. Vivimos a segunda volta enchidos dunha enerxia atronadora que nos voou aquelas cabezas murchas coas que cargábamos. Tíñamos corpo, sangue, festa e puntos, tamén de sutura, e se non que fale Xisco, que portou a venda branca non se sabe se por necesidade ou tolemia pura, e que nunha tarde-noite de Marzo esmagou ao Murcia de Clemente con tres dianas. Fois ese ano o de Colocho brincando diante de Caparrós na vitoria frente ao Athletic en Riazor, ensinándolle as credenciais, o do 0-1 no Sadar con Taborda de titular e con penalti que non era, o daquela ostia de Munúa a Aouate que nos deu para 247 cafés no Delicias, o do retorno de Valerón, repetimos, naquel partido clave diante do Valladolid no que a Lotina se lle dá por poñer defensa de cinco e todo funciona. Levábamos catro meses sen gañar na casa. A partir daí o sueco, que chegara no mercado invernal chiscando un ollo, multiplicou a súa figura en desmarques asombrosos, e fíxose de querer. As frechas torcíanse excitantes no noso escáner mental: Filipe por aqui, Guardado por alá e Willy pisando as verzas, pedíndoa, matando pantasmas. Tamén foi o ano no que un xardineiro municipal vestido de xardineiro municipal berraba en Preferencia “enamorao de Lafita, aunque a veces duela!”, mentres fumaba ducados rubios. Preto del, un veterano con boina murmuraba aquilo de que “o Deportivo importa o mesmo que todas as cousas, o caso é a literatura que lle poñas”.

Paga a pena sentar como o sueco na madeira do porto pequeno e alucinar un pouco con aquelas imaxes, agardando que esta temporada xurdan de novo maxia, droga e sorrisos de Valcobo ao Matadero.