Diez.

Eu quixérame perder
nun mundo de estrelas,
que falan entre elas
e ficar ao seu carón.
Eu quixera viaxar
coas aguias das montañas,
e voar eternamente
pois eu xa non sinto nada.
Eu quixera retornar
ao tempo en que era neno
e agocharme nos bosques
para non me contaminar.
Máis quixérame sumerxir
coas sireas nos mares
e aprender as melodías
da liberdade.
Sangre de muérdago.

scale (1)